Thursday 02 de May de 2024

A candidata á alcaldía polo Partido Popular, Diana Piñeiro, reclama ao goberno municipal de Cambre que solucione as deficiencias existentes no local social de San Lorenzo, na parroquia de Meixigo


Despois de moitos anos de espera e queixas, os veciños de Meixigo puideron comprobar en 2018 como comezou a construción do ansiado local social que tanto necesitaba a parroquia, cinco anos despois e tras investir 55.764 euros, a ilusión converteuse en decepción.

Na actualidade teñen un local deteriorado, con plaquetas soltas e algunhas paredes astilladas, con uns servizos que non se poden usar, xa que non chega o sumidoiro. En canto aos terreos que rodean o local tampouco están mellor, un parque infantil con un chan areoso e inseguro para os estándares actuais, aos que pode aspirar un concello como Cambre, así como con un fácil acceso para os nenos a unha torre eléctrica e un fosa séptica próxima, que segundo os veciños e o Partido Popular, “parece que non ten a seguridade suficiente para este tipo de instalacións”.

O estado deste local é unha proba máis de que para o actual goberno municipal, formado por Unión por Cambre e o Partido Socialista, hai clases de parroquias e que despois de cinco anos dende a construción do local de Meixigo, “Non son capaces de garantir os servizos esenciais, nin de mantelo nas condicións adecuadas”, lamentan desde o PP.
“Todas as parroquias de Cambre, grandes e pequenas, deben ser tratadas por igual, cubrir as súas necesidades básicas, ademais de poder gozar dun local propio con todas as garantías para os veciños e dun parque seguro para os nenos, non hai parroquias de segunda”, sinala a candidata do Partido Popular, Diana Piñeiro.